[Vídeo] Ferrol – Concentración e manifestación contra a Guerra Imperialista na Libia.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Próximas convocatorias en Ferrol

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Assembleia mobiliza-se em Ferrol contra a guerra



A passada terça-feira dia 28 decorreu na praça do Concelho
de Ferrol, a primeira concentraçom contra a guerra imperialista na Líbia
convocada pola Assembleia Popular e a que assistirom quase um centenar de
pessoas.

Foi pouco minutos depois das 20h00 e baixo umha intensa chuvada,
quando deu começo esta mobilizaçom com a que a Assembleia da começo a sua
actividade em oposiçom à agressom imperialista na Líbia.

Ver artigo de Diário Liberdade: 
"Quase umha centena de pessoas concentrou-se em Ferrol sob a chuva e contra a guerra imperialista"
Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

A “Asamblea Popular contra a Guerra” manifesta e denuncia:

Libia: un país que posúe o 3,3% das reservas de petróleo
do mundo, e que se atopa xeoestratéxicamente situado
en medio de países con recentes e importantes cambios
políticos, está sendo atacado por unha coalición de
países enriquecidos.

Unha vez máis, atopámonos que ante as revoltas que están
a suceder nunha parte do mundo (esta vez, o Norte de
África) as potencias occidentais emerxen coma xuices do
planeta e, abanderados por Estados Unidos, co Premio
Nóbel da Paz á súa cabeza, optan por exercer o control
sobre estes levantamentos para así defender os seus
propios intereses. Curiosamente, quenes agora optan pola
intervención armada en Libia son os mesmos  que de sempre
mantiveron e auparon aos ditadores na zona, aos que lles
venderon as armas e aos que declararon amigos. Cun único
fin:  manter o control das materias primas e dun espazo
estratéxico para Europa e os seus aliados.

As potencias atacantes  non están interesadas nunha
solución pacífica ao conflito. Todos e todas sabemos que
os efectos da intervención da OTAN van ser desastrosos.
Como moi ben amosa a historia colonial de Occidente. A
excusa que elexiuse deixa ver a hipocresía dos gobernos
que a promoven: a axuda humanitaria. Continuamente
vemos no mundo conflictos que son ignorados pese a estar
a producírense verdadeiras matanzas . Fai apenas dous
anos vivimos unha auténtica masacre na franxa de Gaza:
máis de 1500 mortos deixaron os bombardeos israelitas,
prácticamente todos civís.

¿ É que esas persoas custan menos?
¿Por que daquela a ONU nin tan siquera planteouse  tomar
medidas serias contra o estado israelí?.
Outro exemplo o temos agora mesmo  en Barhein ou Iemen.
Parece que as relacións establecidas entre os ditadores
destes países co goberno USA, pesan tanto  que ata
incluso permítese a entrada de soldados doutros países,
como os de Arabia Saudí,  pra "protexer" as ditaduras
amigas.

O goberno de Zapatero, o cal entrou no poder facendo
retornar ás tropas de Iraq, guerra onde Aznar nos
embarcara, toma agora unha medida do mesmo corte, que
por moito que esté amparada pola ONU, deixa ver o cinismo 
no que estanse a mover as potencias occidentais. O feito 
de que fora amparada nunca xustificará esta intervención 
en Libia. Nunca se viu que a maneira de protexer aos civís 
sexa bombardeando ao pobo.

Preguntámonos: ¿Teñen diferente valor  os civís
dependendo en que bando se atopen?
A mentira forma parte do ADN das potencias atacantes, xa
non podemos creelas cando nos falan de bloqueo aéreo: 
sabemos que bloqueo significa bombardeo; e cando falan de
paz, sabemos que significa guerra. As palabras que utilizan
significan o contrario do que son ao saír das súas bocas.
Os dereitos humáns son os dereitos de Repsol e Gas Natural.

O estado español vendeu a Libia dende 2005 armas por valor
de 10,7 millóns de euros a, e durante o 2010 exportoulles
equipamento militar por valor de 6,8 millóns de euros.
Agora, en 2011, moviliza a uns 500 militares, catro avións
de combate F-18, un avión cisterna, unha fragata F-100
(que, por certo, partiu de Ferrol), un submarino e un
avión de vixianza marítima para combater contra esas
outras armas que anteriormente venderan.
Resulta hipócrita e irresponsable dicir que todo isto supón
unha contribución á paz.

Unha segunda guerra líbrase actualmente nos medios de
comunicación, onde os interesados lograron unha
polarización da nova, dándose a entender que se non estás
a favor desta guerra "legal" estás a favor do dictador
Gadaffi. A realidade non é esta.

A Asamblea Popular contra a Guerra demanda o cese
inmediato das agresións de corte imperialista antes de que
se derrame máis sangue inocente. Mañá mesmo este ataque
pode convertirse nunha traxedia de tales dimensións coma
a da guerra de Iraq, onde máis dun millón de mortos
evidencian o desastre dunha intervención armada coma
resolución de conflictos. Pero os medios de comunicación
seguen a vendernos que ambos son conflictos totalmente
distintos, e que o de hoxe está enteiramente xustificado,
xogando así un papel esencial na propaganda belicista.

Non podemos ser cómplices da miseria da guerra.

"¡¡¡NON Á GUERRA IMPERIALISTA!!!"
Publicado en Uncategorized | 1 comentario