-
Artigos recentes
Arquivos
Categorías
Meta
[Vídeo] Ferrol – Concentración e manifestación contra a Guerra Imperialista na Libia.
Publicado en Uncategorized
Deixar un comentario
Assembleia mobiliza-se em Ferrol contra a guerra
|
Publicado en Uncategorized
Deixar un comentario
A “Asamblea Popular contra a Guerra” manifesta e denuncia:
Libia: un país que posúe o 3,3% das reservas de petróleo do mundo, e que se atopa xeoestratéxicamente situado en medio de países con recentes e importantes cambios políticos, está sendo atacado por unha coalición de países enriquecidos. Unha vez máis, atopámonos que ante as revoltas que están a suceder nunha parte do mundo (esta vez, o Norte de África) as potencias occidentais emerxen coma xuices do planeta e, abanderados por Estados Unidos, co Premio Nóbel da Paz á súa cabeza, optan por exercer o control sobre estes levantamentos para así defender os seus propios intereses. Curiosamente, quenes agora optan pola intervención armada en Libia son os mesmos que de sempre mantiveron e auparon aos ditadores na zona, aos que lles venderon as armas e aos que declararon amigos. Cun único fin: manter o control das materias primas e dun espazo estratéxico para Europa e os seus aliados. As potencias atacantes non están interesadas nunha solución pacífica ao conflito. Todos e todas sabemos que os efectos da intervención da OTAN van ser desastrosos. Como moi ben amosa a historia colonial de Occidente. A excusa que elexiuse deixa ver a hipocresía dos gobernos que a promoven: a axuda humanitaria. Continuamente vemos no mundo conflictos que son ignorados pese a estar a producírense verdadeiras matanzas . Fai apenas dous anos vivimos unha auténtica masacre na franxa de Gaza: máis de 1500 mortos deixaron os bombardeos israelitas, prácticamente todos civís. ¿ É que esas persoas custan menos? ¿Por que daquela a ONU nin tan siquera planteouse tomar medidas serias contra o estado israelí?. Outro exemplo o temos agora mesmo en Barhein ou Iemen. Parece que as relacións establecidas entre os ditadores destes países co goberno USA, pesan tanto que ata incluso permítese a entrada de soldados doutros países, como os de Arabia Saudí, pra "protexer" as ditaduras amigas. O goberno de Zapatero, o cal entrou no poder facendo retornar ás tropas de Iraq, guerra onde Aznar nos embarcara, toma agora unha medida do mesmo corte, que por moito que esté amparada pola ONU, deixa ver o cinismo no que estanse a mover as potencias occidentais. O feito de que fora amparada nunca xustificará esta intervención en Libia. Nunca se viu que a maneira de protexer aos civís sexa bombardeando ao pobo. Preguntámonos: ¿Teñen diferente valor os civís dependendo en que bando se atopen? A mentira forma parte do ADN das potencias atacantes, xa non podemos creelas cando nos falan de bloqueo aéreo: sabemos que bloqueo significa bombardeo; e cando falan de paz, sabemos que significa guerra. As palabras que utilizan significan o contrario do que son ao saír das súas bocas. Os dereitos humáns son os dereitos de Repsol e Gas Natural. O estado español vendeu a Libia dende 2005 armas por valor de 10,7 millóns de euros a, e durante o 2010 exportoulles equipamento militar por valor de 6,8 millóns de euros. Agora, en 2011, moviliza a uns 500 militares, catro avións de combate F-18, un avión cisterna, unha fragata F-100 (que, por certo, partiu de Ferrol), un submarino e un avión de vixianza marítima para combater contra esas outras armas que anteriormente venderan. Resulta hipócrita e irresponsable dicir que todo isto supón unha contribución á paz. Unha segunda guerra líbrase actualmente nos medios de comunicación, onde os interesados lograron unha polarización da nova, dándose a entender que se non estás a favor desta guerra "legal" estás a favor do dictador Gadaffi. A realidade non é esta. A Asamblea Popular contra a Guerra demanda o cese inmediato das agresións de corte imperialista antes de que se derrame máis sangue inocente. Mañá mesmo este ataque pode convertirse nunha traxedia de tales dimensións coma a da guerra de Iraq, onde máis dun millón de mortos evidencian o desastre dunha intervención armada coma resolución de conflictos. Pero os medios de comunicación seguen a vendernos que ambos son conflictos totalmente distintos, e que o de hoxe está enteiramente xustificado, xogando así un papel esencial na propaganda belicista. Non podemos ser cómplices da miseria da guerra. "¡¡¡NON Á GUERRA IMPERIALISTA!!!"
Publicado en Uncategorized
1 comentario

